IX OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA
  • Bases e Inscrición
  • Modalidades
  • Inicio
  • Desenvolvemento
  • Novas
  • Edicións anteriores

DESENVOLVEMENTO

1º FASE (publicación do subtema para a disertación e dilema moral)
O 1 de decembro de 12:00 a 14:00 será publicado na web da Olimpíada, nas redes sociais e chegará ao mail do profesorado responsable que formalizou a inscrición, o resultado do sorteo no que se saberá que subtema se terá que traballar na disertación e que dilema será o que haberá que desenvolver!

2ª FASE (preseleccións no centros de ensino)

Até o 5 de febreiro de 2021 os centros de ensino inscritos na Olimpíada tedes tempo para preselecionar
un máximo de 5 obras por modalidade e centro de ensino.

3ª FASE (ENTREGA DAS OBRAS - 21 febreiro de 2021)
O 21 de febreiro péchanse os formularios de entrega das catro modalidades que tedes no apartado MODALIDADES desta web.

​
4ª FASE (VOTACIÓNS DAS OBRAS DE VIDEO E FOTO)
Dende o 21 de febreiro até o 11 de marzo os centros de ensino inscritos na IX OFG, emitirán unha votación dos vídeos, fotografías  participantes na Olimpíada filosofica, podendo emitir unicamente un voto por centro de ensino (sen votarvos a vós mesm@s) tendo en conta as seguintes rúbricas: RÚBRICA VIDEO, RÚBRICA FOTO.
Nestes días o comité organizador da Olimpíada estará levando a cabo as labores de corrección dos escritos; Disertación e Dilemas morais.

5ª FASE (PUBLICACIÓN DAS PERSOAS SELECCIONADAS!)

O 14 de marzo luns publicaranse na web da Olimpíada, no apartado novas as 4 persoas seleccionadas en cada unha das tres modalidades, resultado das votacións dos centros de ensino inscritos no caso de Foto e Video, e resultado das correccións do comité de corrección da olimpíada no caso de Dilemas Morais e Disertación. ( RÚBRICA DISERTACIÓN, RÚBRICA DILEMA MORAL )

6ª FASE (DEFENSAS PRESENCIAIS e ACTO FINAL 7 DE ABRIL do 2022)

As persoas seleccionadas na modalidade de Foto e Video deberán facer unha defensa de 5 minutos diante dun xurado explicando como naceu a idea, cal foi o seu proceso de realización, cal foi o nivel de participación do alumnado e a axuda recibida polo profesorado á hora de levala a cabo, e calquera cuestión que teña relación coa natureza filosófica inspiradora da obra. A defensa en ningún momento se deberá converter nunha disertación temática. Preténdese que o alumnado aclare en 5 minutos a realización completa da obra. 
Ao mesmo tempo e de xeito simultanéo terán lugar os tribunais de defensa de Disertación e Dilemas morais, tamén de xeito presencial na facultade como viñamos facendo anos anteriores. Para a defensa destas dúas modalidades o alumnado contará con 10 minutos no que terá que expoñer e defenser de xeito claro e argumentado a tese e o desenvolvemento principal e máis relevante que plantexa na súa disertación. Poderá haber preguntas do tribunal nos seguintes 5 minutos á defensa.

A defensa será en horario de mañá e a entrega de premios en horario de tarde.

As defensas e o acto final serán retrasmitidos en streamig, o día anterior no apartado novas publicarase o enlace da conexión para que o alumnado participante poida ver as defensas das diferentes modalidades. 



Powered by Create your own unique website with customizable templates.
  • Bases e Inscrición
  • Modalidades
  • Inicio
  • Desenvolvemento
  • Novas
  • Edicións anteriores