XIII OLIMPIADA FILOSÓFICA DE GALICIA
  • Bases e Inscrición
  • Modalidades
  • Inicio
  • Desenvolvemento
  • Novas
  • Edicións anteriores

BASES

Picture
FORMULARIO DE INSCRICIÓN CENTROS

1. PARTICIPANTES
· Poderá participar todo o alumnado de BACHARELATO, 3  e 4º E.S.O
· O Departamento de Filosofía de cada centro poderá presentar un máximo de 5 obras por modalidade e centro. O procedemento de selección farase nos propios centros polo titor ou titora.

2. INSCRICIÓN
· A inscrición será realizada polo profesorado de filosofía do centro a través do formulario de inscrición. Preme no botón negro ao comezo desta sección.
· A inscrición iniciarase en setembro do 2025 e rematará o 30 de novembro do 2025.
· Deberá facerse un pagamento* de 50 euros por centro para poder levar a cabo a organización da Olimpíada. Dito pagamento realizarase cando se inscriba o centro, adxuntando o resgardo de ter feito o pagamento no formulario de inscrición. Non poderedes facer a inscrición até ter feito o pagamento.

* Datos para realizar o pago da inscrición: 
ASOC.NEXOS DE DIDÁCTICA DA FILOSOFÍA
IBAN ES47 2080 0349 8130 4001 2514
CONCEPTO:  COTA X (onde X é o centro de ensino)

3. TEMA DA XIII OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA

A tolemia. Don Quixote no mundo actual


4. MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN (NO APARTADO MODALIDADES DETÁLLANSE MÁIS SOBRE CADA UNHA)

· Haberá catro modalidades de participación que  inclúen a súa participación na Olimpíada Filosófica Estatal.
. Repítese a modalidade de monólogo filosófico tras a boa acollida do ano pasado. Esta modalidade supón a participación unicamente en Galicia.


1. Certame fotográfico: consistirá en reflectir ideas filosóficas a través dunha composición fotográfica realizada ex professo para a Olimpíada, que pode ou non ter sido sometida a programas de tratamento de imaxe. A imaxe debe conter unha pregunta integrada​ na imaxe de acordo co tema deste ano da Olimpíada. Destinado ao alumnado de 3º e 4º  da ESO a 1º e  2º de bacharelato.

2. Curta de vídeo: Consistirá en elaborar, tamén expresamente para ser presentada na Olimpíada, unha curtametraxe de autoría propia expresando en linguaxe audiovisual ideas filosóficas. A obra deberá durar un mínimo de 1 minuto e un máximo de 4 min. Destinado ao alumnado de 3ºe 4º da ESO a 1º e 2º de Bacharelato.

3. Disertación: Consistirá en elaborar un ensaio ou reflexión persoal argumentada partindo dun texto que trate o tema proposto (IMPORTANTE!!! O texto será o que inicie e inspire a disertación, non se trata de realizar un comentario, o texto servirá de "arranque", lembrade que este ano non hai cuestións). 
-Para facernos a unha idea terá unha extensión máxima de 2000 palabras/ 2 folios.
-Destinado ao alumnado de Bacharelato.

4. Dilema moral: Consistirá na resolución dun dilema moral proposto, o alumnado ofrecerá unha solución razoada e argumentada. Para facernos a unha idea terá unha extensión máxima de 2000 palabras/2 folios .
-Destinado a alumnos de 3º e 4º da  ESO.

5.  Monólogo filosófico- humorístico:  Duración max 4 min. O alumnado seleccionado  no centro enviará o seu monólogo gravado mediante o formulario e tras a votación online dos centros serán só os seleccionado/as os que representen o monólogo en vivo e en directo  o día  12 de marzo no acto final na Facultade da Filosofía. Nesta modalidade participa unicamente Gallicia.

6. Ensaio filosófico internacional. 
​Esta modalidade incorpórase este ano para canalizar a través das Olimpiadas autonómicas e da final estatal ás persoas que representarán a España na Internacional Philosophy Olympiad (IPO) que se celebrará en maio en Polonia. Os seleccionados/as  nos centros deberán elaborar un ensaio en inglés, francés, alemán ou castelán, sempre que no sexa la lengua materna del participante en torno a temática das Olimpíadas deste ano "A tolemia. Don quixote no mundo actual".

5. LINGUA.

A língua empregada para as obras será o galego.
 
A selección da obra para participar na Olimpíada Estatal, deberá ser dobrada, traducida ou subtitulada.

CALQUERA INCUMPRIMENTO DE DITAS BASES NO APARTADO MODALIDADES  DETERMINARÁ A EXCLUSIÓN E INVALIDACIÓN DA OBRA PRESENTADA. 

6. PREMIOS

-Viaxe a Ciudad Real os días 17-18-19 de abril 2026 para a celebración da Olimpíada Estatal de Filosofía (os primeiros e segundos premios DE CADA MODALIDADE) con todolos gastos pagos.
A tódolos premiados se lles dará un agasallo.
* NA MODALIDADE DE CURTA DE VÍDEO UNICAMENTE SE ASUMEN OS GASTOS DUNHA PERSOA.
A modalidade de Monólogo filosófico non participa da OFG estatal, unicamente participa en Galicia.

7. COMISIÓN AVALIADORA
Esta comisión estará formada por profesorado de filosofía de ensino secundario e universitario. Calquera profesor / profesora que se presente á Olimpíada pode formar parte desta comisión,  previa notificación vía mail ao comité organizador da Olimpíada.

Para formar parte desta comisión, o profesorado debe:
· Estar dispoñible a semana de corrección dos traballos e tamén o día do acto final, que é cando se celebrará unha defensa das obras de xeito presencial en horario de mañá o día 12 de marzo 2026 en Santiago de Compostela
· Coñecer os criterios de corrección das modalidades e aplicalos correctamente.

8. OLIMPIADA FILOSÓFICA DE ESPAÑA 
​

· As e os gañadores participarán na Olimpiada filosófica de España (OFE) como representantes de Galicia, nas 4 modalidades. A  Olimpíada Filosófica de España do 2025  será presencial e celebrarse en Ciudad Real o 17-18-19 de abril de 2026
· Os gastos de estancia e manutención durante a OFE irán a cargo do comité organizador da OFE. Os gastos de desprazamento dos participantes e do profesorado acompañante procurarase que sexan asumidos pola Olimpíada Filosófica de Galicia.


Picture
Powered by Create your own unique website with customizable templates.
  • Bases e Inscrición
  • Modalidades
  • Inicio
  • Desenvolvemento
  • Novas
  • Edicións anteriores