XIII OLIMPIADA FILOSÓFICA DE GALICIA
  • Bases e Inscrición
  • Modalidades
  • Inicio
  • Desenvolvemento
  • Novas
  • Edicións anteriores

MODALIDADES

FORMULARIO inscrición disertación

FORMULARIO inscrición DIlema moral

FORMULARIO ENTREGA URL VIDEO

FORMULARIO ENTREGA FOTOGRAFÍA
FORMULARIO INSCRICIÓN ENSAIO INTERNACIONAL
Formulario inscrición Monólogo-humorístico

  • ​FOTOGRAFÍA 
  1. Preselección (un máximo de 5 obras por modalidade e centro)
  2. A participación debe ser individual, e non máis de unha fotografía por participante
  3. Ata o 5 de febreiro  envíaranse as fotografías 
  4. A imaxe debe conter unha pregunta integrada​ na propia imaxe de acordo co tema deste ano da Olimpíada
  5. ​Formato JPEG /Non debe superar o tamaño 1MB.
  6. As fotografías deberán nomearse cun PSEUDÓNIMO para garantir o anonimato na votación. 
  7. A entrega faise mediante formulario de modalidade ( no formulario o profesorado responsable indicará claramente a correspondencia do pseudónimo co nome e apelidos do alumnado inscrito.)
  8. Aquelas persoas que presenten a concurso fotografías nas que se fagan montaxes, collages, deberán ademáis enviar as orixinais. Non se aceptarán fotografías elaboradas mediante intelixencia artificial. 
  9. As Fotografías seleccionadas terán que ser defendidas no acto final o 12 de marzo.
  10. ​Aquí tedes a rúbrica de corrección rúbrica_foto..pdf
  • CURTA DE VIDEO
  1. Preselección (un máximo de 5 obras por modalidade e centro)
  2. Poderase facer en grupo, mais débese nomear unha persoa respresentante, xa que é quen asistirá á Olimpíada Estatal a defender o traballo no caso de ser selecciondx.
  3. Ata o  5 de febreiro enviaráse a url de youtube do video mediante o formulario de video, que está ao comezo desta páxina.
  4. A obra deberá durar un mínimo de 1 minuto e un máximo de 4 min.
  5. O nome do video será un pseudómino e a canle de youtube (require a súa publicación en Youtube para facilitar o sistema de votación na Olimpíada) non debe conter ningún dato que identifique a autora, autor ou o centro de ensino ao que pertence, para garantir o anonimato das obras á hora de emitir as votacións.
  6. Débese incorporar unha referencia final á súa presentación á Olimpíada e facer constar así mesmo o dereito de utilización de todo canto non sexa de autoría propia. Os recursos dixitais, música, imaxe ou vídeo deben  ser de autoría propia ou recursos de creative commons (libres de dereito). Deixámosvos a web do buscador: https://search.creativecommons.org
  7. As curtas  seleccionadas terán que ser defendidas no acto final o 12 de marzo.
  8. Aquí a rúbrica de correción rúbrica_vídeo.pdf
  • DISERTACIÓN
  1. PRESELECCIÓN: realízase nos centros , cada profesor/a selecciona un máximo de 5 alumnas/os.
  2. Os seleccionados/as deberán elaborar unha disertación que verse sobre o  tema. A proba realizarase presencialmente na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela o día  5 de febreiro. 
  3. Non hai subtemas , para o desenvolvemento da disertación propoñerase ao alumnado participante un fragmento dun texto, titular,  imaxe, estatística.... que será o punto de partida da súa reflexión.
  4. Non se pode usar ningún material nin dispositivo.
  5. O  26 de febreiro  publicaranse na web e nas redes os seleccionados.
  6. O acto final será o 12 de marzo de 2026. As defensas serán na facultade de filosofía en horario de mañá e pola tarde será a resolución da Olimpíada.
  7. Aquí a rúbrica de corrección. rúbrica_disertación_filosófica.pdf​
  • DILEMA MORAL
  1. Preselección nos centros dun máximo de 5 alumnos/as. 
  2. Os seleccionados/as deberán elaborar unha solución argumentada e razoada dun dilema moral sobre o tema " a tolemia" A proba realizarase na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela o día 5 de febreiro.
  3. Na web tedes algunha proposta a modo de exercicio e práctica pero o día da proba o alumnado enfrontaras a un dilema novo coa fin de evitar que o exercicio sexa un mero exercicio memorístico e permita aos alumnos resolver o problema de xeito fresco, autónomo e crítico.
  4. ​Do 5 de febreiro ata o 26 de febreiro serán as correccións. 
  5. A proba será individual e non se poderá utilizar ningún material nin dispositivo.
  6. O   día 26 de febreiro publicaranse na web e nas redes os seleccionados.
  7. O acto final será o 12 de marzo. As defensas serán na facultade de filosofía da USC en horario de mañá e pola tarde será a resolución da Olimpíada.
  8. Aquí a rúbrica de corrección rúbrica_dilema_moral_..pdf
  •  MONÓLOGO FILOSÓFICO -HUMORÍSTICO
Estamos moi contentas porque son moitos os centros que se apuntaron este ano nesta modalidade!  Mais debido á  esta alta participación e a dificultade de xestionar  os tempos para a representación e  votación no día da final, dende a comisión organizadora decidimos seguir o mesmo proceso da modalidade de vídeo. O alumnado seleccionado  no centro enviará o seu monólogo gravado mediante o formulario e tras a votación online dos centros serán só os seleccionado/as os que representen o monólogo en vivo e en directo  o día  12 de marzo no acto final na Facultade da Filosofía.
  1. ​​Preselección (un máximo de 5 monólogos por centro.
  2. A participación debe ser individual, e non máis dun monólogo por participante.
  3. O nome do video será un pseudómino e a canle de youtube (require a súa publicación en Youtube para facilitar o sistema de votación na Olimpíada) non debe conter ningún dato que identifique a autora/autor ou o centro de ensino ao que pertence, para garantir o anonimato das obras á hora de emitir as votacións.
  4. Duración max 4 min.
  5.  O día 26 de febreiro publicaranse na web e nas redes o alumnado seleccionado.
  6.  Nesta modalidade participa unicamente Galicia.
  7. Aquí tedes a rúbrica de corrección rúbrica_monólogo..pdf
  • ENSAIO INTERNACIONAL ( Proba piloto 2026. En proceso)

  1. Esta modalidade incorpórase para canalizar a través das Olimpiadas autonómicas e da final estatal ás persoas que representarán a España na Internacional Philosophy Olympiad (IPO) que se celebrará en maio en Polonia ( datas por concretar)
  2. Os seleccionados/as  nos centros deberán elaborar un ensaio en inglés, francés, alemán ou castelán, sempre que no sexa la lengua materna del participante en torno a temática das Olimpíadas deste ano "A tolemia. Don quixote no mundo actual".
  3. A proba realizarase na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela o día 5 de febreiro. 
  4. A duración será de tres horas e o alumnado poderá  usar diccionarios en papel bilingües o monolingües (non electrónicos) na lingua materna e na lingua elexida.
  5. O   día 26 de febreiro publicaranse na web e nas redes o/a seleccionado/a, que será presentado no acto final o 12 de marzo. Cada comunidade autónoma podre presentar un representante. Esta é unha medida provisional neste primeiro ano.
  6. Nesta modalidade non haberá defensa xa que tampouco se requerirá na final estatal nin na Olimpiada Internacional.
  7. Aquí a  rúbrica de avaliación da IPO.
Powered by Create your own unique website with customizable templates.
  • Bases e Inscrición
  • Modalidades
  • Inicio
  • Desenvolvemento
  • Novas
  • Edicións anteriores