X OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA
  • Bases e Inscrición
  • Modalidades
  • Inicio
  • Desenvolvemento
  • Novas
  • Edicións anteriores
Picture
Picture

NOVAS

Picture

SELECCIONADXS IX OFG!!! PARABÉNSSS!

3/14/2022

0 Comments

 
As persoas seleccionadas para a fase final da IX Olimpíada Filosófica de Galicia son as seguintes:
( A orde é alfabética por pseudónimo)

MODALIDADE DISERTACIÓN
Ícaro - Alba Geada Bernal do IES MONTE CASTELO
Jayk- Lucía Prado Senlle do IES ROSALÍA DE CASTRO
Tinte Tajante - Jennifer Taboada Expósito da EPAPU DE OURENSE
L-Roko - Lucas Rama Camino do IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA

MODALIDADE DILEMAS MORAIS
Homo in melius mutantus - Jazmín Tatiana García Mejía do IES PLURILINGÚE RAFAEL DIESTE
Umwelt - Manuela González do IES ESCOLA PROVAL
Saturno - Miguel Bouzas Rodríguez do IES TORRENTE BALLESTER
Swarovskiña - Sara Caamaño Corral do IES ROSALÍA DE CASTRO


MODALIDADE FOTOGRAFÍA
Chelo - Lucía Lorenzo Martí do IES TORRENTE BALLESTER
Eudaimonía - África Franco Montero do IES 12 DE OUTUBRO
Nuadhibu - Lorena Viñas do IESP de AMES
Sinto, logo Existo - Celia fernández Pérez do COLEXIO PELETEIRO


MODALIDADE VIDEO
Lea Seara - Lucía Xiao Quintairos Barbosa do IES ALLARÍZ
Humanos non - Ana González Iglesias do IES EDUARDO BLANCO AMOR
Pinut - Judit González e Xián Antelo do IES ROSALÍA DE CASTRO
As Marxistas - María Pacheco Valiño do COLEXIO LA SALLE
Moitos parabéns a todo o alumnado e profesorado participante sempre é un pracer recibir e gozar cos vosos traballos.

As persoas seleccionadas deberán facer as súas defensas o día 7 de abril na Facultade de Filosofía da USC, en Mazarelos.As persoas seleccionadas na modalidade de Foto e Video deberán facer unha defensa de 5 minutos diante dun xurado explicando como naceu a idea, cal foi o seu proceso de realización, cal foi o nivel de participación do alumnado e a axuda recibida polo profesorado á hora de levala a cabo, e calquera cuestión que teña relación coa natureza filosófica inspiradora da obra. A defensa en ningún momento se deberá converter nunha disertación temática. Preténdese que o alumnado aclare en 5 minutos a realización completa da obra. 
Ao mesmo tempo e de xeito simultanéo terán lugar os tribunais de defensa de Disertación e Dilemas morais, tamén de xeito presencial na facultade como viñamos facendo anos anteriores. Para a defensa destas dúas modalidades o alumnado contará con 10 minutos no que terá que expoñer e defenser de xeito claro e argumentado a tese e o desenvolvemento principal e máis relevante que plantexa na súa disertación. Poderá haber preguntas do tribunal nos seguintes 5 minutos á defensa.
As defensas serán en horario de mañá, e a entrega de premios será ao longo da mañá. Uns días antes mandaremos o programa, mais contade con que será todo pola maña. 


Ao ACTO só poderán asistir as persoas seleccionadas e as acompañantes, non será un acto aberto a todas as persoas dos centros de ensino, por normas covid da facultade. Ao mesmo tempo as defensas serán retransmitidas en streaming por youtube, esa mesma mañá enviarase un mail aos centros inscritos cos enlaces para poder ver as defensas en rigoroso directo!!

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

VIVA A FILOSOFÍA!!!
0 Comments



Leave a Reply.

Powered by Create your own unique website with customizable templates.
  • Bases e Inscrición
  • Modalidades
  • Inicio
  • Desenvolvemento
  • Novas
  • Edicións anteriores